Iván Villar, na loita pola portería celeste
Iván Villar, na loita pola portería celeste
O porteiro de Aldán dará o máximo para poñerlle as cousas difíciles a Claudio Giráldez
Animou os caiteráns a traballar duro para ganaren un posto
Claudio Giráldez ten varias opcións para a portería. E Iván Villar non está disposto a renderse e ceder a titularidade. O canteirán apunta que quere loitar por unha praza que xa ocupou nunha parte da pasada campaña, ata a súa expulsión ante o Atlético de Madrid. Iso fixo que Guaita collera a dianteira. Pero agora parten de cero e o de Aldán quere dar guerra.
Iván tamén se acordou dos canteiráns, e deu un consello, o de esforzarse para acadar un oco no primeiro equipo. O de Aldán é unha voz autorizada nese aspecto, como xogador da base da club que chegou ao máis alto e chegou a xogar co primeiro equipo.
A conferencia de prensa deu para tratar moitos temas, como os vindeiros xogos olímpicos. O único galego vivo que acadou unha medalla en fútbol falou de que hai que ter sorte e cadrar cunha boa xeración. Da súa experiencia, confesou que é algo que vai lembrar durante toda a súa vida.