Publicador de contidos

Publicador de contidos

O danés Magnus Cort repite triunfo e afianza o seu liderado no Gran Camiño

O danés Magnus Cort repite triunfo e afianza o seu liderado no Gran Camiño

Carlos Canal foi terceiro na etapa e é terceiro na xeral, a 16 segundos do líder e gañador da etapa Magnus Cort

G24.gal 27/02/2025 17:45 Última actualización 27/02/2025 17:52

O danés Magnus Cort Nielsen repetiu este xoves triunfo no Gran Camiño ao impoñerse ao esprinte na segunda etapa da rolda galega e afianzar así o seu liderado á fronte da clasificación xeral.

O de Ronne culminou o gran traballo do seu equipo, o Un-X Mobility, que tirou abaixo o ataque do canadense Derek Gee (Israel-Premier Tech) no alto de San Vicenzo e do francés Maxime Decomble (Groupama-FDJ Conti) a falta de pouco máis de 5 quilómetros para o final.

Carlos Canal foi terceiro na etapa e é terceiro na xeral a 16 segundos do líder e gañador da etapa Magnus Cort.

"Intentámolo, aínda non estamos ao 100 %. Fixen todo o que puiden así que estou contento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade