Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz está xa en semifinais do Conde de Godó

Carlos Alcaraz está xa en semifinais do Conde de Godó

Derrotou en cuartos de final a Álex de Miñaur por 7-5 e 6-3

A súa marca en Barcelona é de 13 vitorias e ningunha derrota

G24.gal 18/04/2025 18:02

Carlos Alcaraz segue avanzando no Conde de Godó. O tenista murciano está en semifinais do torneo barcelonés logo de derrotar a Álex de Miñaur en dous sets por 7-5 e 6-3. 

Alcaraz tivo que sufrir para superar ao australiano, especialmente no primeiro parcial. Non foi quen de desenvolver o seu mellor tenis o número 2 do mundo, que sufriu a rotura do saque no terceiro xogo e que non era quen de afinar coas súas deixadas. Malia os problemas, Alcaraz foi quen de se aferrar á pista e tirar proveito dos problemas de De Miñaur co seu saque.

No segundo set Alcaraz amosou un xogo máis fluído e non tivo problemas para se facer co partido e prolongar a súa serie vitoriosa en Barcelona. Nas pistas do Godó leva 13 triunfos e ningunha derrota. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade