Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pon en valor o papel das persoas con discapacidade

Rueda pon en valor o papel das persoas con discapacidade

A Xunta inviste máis de 300.000 euros na inauguración do novo centro de Down en Ourense

G24.gal 21/03/2025 13:48

No Día Mundial do Síndrome de Down, Alfonso Rueda reivindicou o papel das persoas con discapacidade. Na inauguración da nova sede de Down en Ourense, na que a Xunta investiu máis de 300 mil euros, puxo en valor o papel das familias e das entidades sociais.

O presidente do Goberno galego dixo que as administracións públicas deben fomentar a inclusión das persoas con discapacidade. 

Durante a súa intervención no acto, destacou a importancia do evento e agradeceu ás entidades sociais e familias o seu traballo constante, sen o cal "sería imposible que estivésemos onde estamos en Galicia". Segundo sinalou o presidente, con esta inauguración ponse ao dispor de entidades e familias un novo recurso, sen esquecer que "queda moito por facer".

Neste sentido, o titular do Goberno galego apuntou a que as administracións públicas deben colaborar e "aproveitar as oportunidades" de axudar, así como "acompañar" e responder os impulsos que proveñen das entidades, dando así contido á palabra "inclusión".

Estas novas instalacións contan cun espazo de máis de 800m2 repartidos en dúas plantas, con capacidade para atender a preto de 150 usuarios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade