Publicador de contidos
Publicador de contidos

Down Ourense gaña o primeiro premio da liga nacional de debate

Down Ourense gaña o primeiro premio da liga nacional de debate

Competían contra outras once cidades españolas

Defenderon que non é posible levar unha alimentación saudable na sociedade actual

G24.gal 27/06/2024 14:01

O equipo de debate de Down Ourense acaba de reunirse co alcalde da cidade, que os felicitou polo seu éxito na liga española de debate universitario. É o segundo ano que se presentan, e xa viñeron co primeiro premio da súa categoría.

"Foi unha mestura de tres cousas: sorpresa, felicidade e satisfacción polo traballo ben feito, nada máis", resume Saúl.

A maiores, Paco obtivo o recoñecemento ao mellor orador. O xurado valorou o seu discurso, a expresividade e a súa voz radiofónica.

"Supoño que dirán: pero este mozo ten que gañar un premio, é alto, moreno, atractivo... como a película de 'Campeones'", di Francisco, outro dos participantes.

Tocoulles debater sobre a posibilidade de levar unha alimentación saudable na sociedade actual e, por sorteo, tiñan que defender a postura contraria.

"Obesidade, comida lixo, ultraprocesados..." "Ao principio custou un pouco pero, ao ir adestrando, xa foi máis sinxelo", explican Laura e Saúl.

Levaban todo o curso preparándose para isto, un día á semana. Fano da man da Asociación Down que viu nesta experiencia unha oportunidade de desenvolvemento persoal.

Susana Rodríguez Moreiras, xerente de Down Ourense: "Gañan en autoestima, seguridade, habilidades de comunicación moi importantes para a súa inserción laboral, xa que moitos deles traballan ou están en prácticas".

De aquí, marchan para os seus respectivos traballos, orgullosos do recoñecemento que están a recibir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade