Así é como tes actuar ante un incendio doméstico e evitar a inhalación de fume
Así é como tes actuar ante un incendio doméstico e evitar a inhalación de fume
Xestos tan sinxelos como limpar o filtro dos deshumidificadores pode ser clave á hora de evitalos
O inverno é sinónimo de aumento de incendios domésticos, coa orixe destes sinistros en aparellos como deshumidificadores, estufas, enchufes sobrecargados ou instalacións obsoletas.
Xestos tan sinxelos como limpar o filtro dos deshumidificadores pode ser clave á hora de evitalos, polo que é crucial facer un adecuado mantemento dos electrodomésticos.
Pero se a pesar de todas as precaucións sufrimos un incendio na casa, debemos manter a calma e chamar os servizos de emerxencias. Francisco Manuel Sampedro, sarxento do parque de bombeiros de Boiro, explica que mentes esperamos a que cheguen debemos pechar a porta do cuarto onde haxa lume, confinarnos no cuarto máis afastado e, para evitar o fume polo camiño, poñer un pano mollado na cara e camiñar ás agachadas ou arrastrarnos.
Se é nun edificio e o lume está nun andar inferior, intentar desaloxar pola escaleira con panos mollados ou confinarse nun cuarto ao carón da ventá á espera dos servizos de emerxencias.
O que non se debe facer é abrir portas ou ventás no cuarto onde se atope o incendio porque o osíxeno aliméntao e tampouco debemos usar o ascensor no caso de ter que evacuar un edificio.