Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan o cadáver do motorista arrastrado pola enchente en Málaga

Atopan o cadáver do motorista arrastrado pola enchente en Málaga

Segundo as testemuñas, o home intentou cruzar o río Genal, preto da localidade de Pujerra, e foi arrastrado pola corrente

G24.gal 20/03/2025 14:06

A Garda Civil localizou o corpo sen vida do home de 61 anos desaparecido este mércores cando circulaba en moto por unha estrada da serra de Ronda, na provincia de Málaga.

Segundo as testemuñas, o home intentou cruzar o río Genal, preto da localidade de Pujerra, e foi arrastrado pola corrente. O cadáver apareceu preto da ponte onde o motorista caera ao río. Nesa mesma zona apareceu pouco antes a moto que utilizaba.

“A moto estaba practicamente onde caeu, con gran cantidade de sedimentos. Pedras enormes, troncos e a case un metro e medio de profundidade".

Nas localidades sevillanas do Palmar e Cantillana, trece veciños foron desaloxados polo risco de inundación. Noutros tres concellos, dous tamén en Sevilla e outro en Cádiz, activouse o plan de emerxencia autonómico.

Segundo o 112 andaluz, as sucesivas borrascas de marzo provocaron case tres mil incidencias por inundación. Unha cuarta parte en Málaga, a provincia máis afectada, seguida das de Sevilla e Cádiz, con cincocentas incidencias cada unha. A chegada dunha nova fronte, Martinho, mantén en alerta amarela a metade occidental de Andalucía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade