Publicador de contidos

Publicador de contidos

A borrasca Martinho alcanza a Galicia con aviso laranxa por ventos de máis de 100 kms/h e ondas de 7 metros

A borrasca Martinho alcanza a Galicia con aviso laranxa por ventos de máis de 100 kms/h e ondas de 7 metros

A Secretaría Xeral para o Deporte suspendeu a actividade deportiva federada no mar nesas áreas da Coruña e Pontevedra

Segundo a Aemet, espérase vento do suroeste de ata forza 9, con refachos moi fortes e mar combinada do sur ou suroeste con ondas de ata sete metros

Lugo e Santiago pechan os seus parques debido ao aviso por vento

directo Fortes ondas na comarca de Salnés/Elena Fernández / Europa Press
G24.gal 19/03/2025 17:15

A Xunta de Galicia activou a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da provincia da Coruña e Pontevedra e suspendeu para o xoves a actividade deportiva federada no mar nesas zonas.

Segundo a información de Meteogalicia, a comunidade atópase baixo a influencia da borrasca Martinho situada ao oeste de Fisterra, moi preto do litoral.

Espéranse ceos con nubes e claros, con chuvascos máis frecuentes e intensos pola noite ao sur e oeste de Galicia, ocasionais na provincia de Lugo e norte da Coruña.

O fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde a madrugada deste xoves no oeste e suroeste coruñés e en toda a costa de Pontevedra con fortes ventos de máis de 100 quilómetos por hora e mar combinada do sur ou suroeste con ondas de ata sete metros.

A Secretaría Xeral para o Deporte procedeu a suspender a actividade deportiva federada no mar nesas áreas da Coruña e Pontevedra. A limitación rexerá a partir das 5:00 horas todo o día no oeste da Coruña, ata as 17:00 horas no suroeste desta provincia, e ata as 15:00 horas nas Rías Baixas e Miño de Pontevedra.

Peche de parques 

Os concellos de Lugo e Santiago anunciaron o peche dos seus parques ao longo da xornada deste mércores debido ao aviso amarelo por refachos de vento superiores a 70/80 quilómetros por hora. 

Meteogalicia elevou o aviso mesmo a laranxa na zona este de a provincia de Ourense, na montaña, por ventos de máis de 100 quilómetros por hora entre as 21:00 horas e a medianoite do mércores ao xoves e mantén tamén en amarelo a provincia de Lugo.

O Concello de Santiago avisou a través das súas redes sociais que varios parques da cidade permanecerán pechados mentres persistan estas condicións meteorolóxicas adversas.

Pola súa banda, o Consistorio de Lugo informou de que a última hora desta tarde procederá ao peche dos parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, polo que quedará prohibida a entrada aos mesmos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade