Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal pon en alerta a Comunidade Valenciana por risco de chuvia torrencial

O temporal pon en alerta a Comunidade Valenciana por risco de chuvia torrencial

Agárdanse precipitacións de ata cen litros por metro cadrado

Unha vintena de estradas permanecen pechadas pola presenza de balsas de auga na vía ou desprendementos

G24.gal 04/03/2025 14:08

Chove sobre mollado na comunidade autónoma valenciana, onde para esta tarde se agardan precipitacións de ata cen litros por metro cadrado.

A alerta laranxa mantense activada no norte de Alacant, no sur de Valencia e nas comarcas interiores de Castelló.

Segundo as autoridades, unha vintena de estradas permanecen pechadas pola presenza de balsas de auga na vía ou desprendementos.

Para minimizar riscos, en centos de concellos suspenderon as actividades escolares e a Universidade de Valencia non volverá abrir as súas portas ata o xoves.

Por mor do temporal suspendéronse tamén varios espectáculos pirotécnicos previstos no programa das fallas deste ano na capital valenciana.

A alerta por chuvia forte, neste caos de nivel amarelo, mantense activada nas illas Canarias, onde este martes dedícanse a limpar e retirar os danos provocados polo desbordamento de varios barrancos en Telde e outros concellos grancanarios.

“Aínda que o agardábamos non pensamos que fora tanto”, conta un afectado.

“O coche danado, non, os rochos, porque entrounos auga nos rochos”, explica outro veciño.

"Pasou outras veces, é a segunda ou terceira vez que pasa", aseguran.

Na tarde deste martes o aviso amarelo chegará ao sur de Cataluña e ás comarcas de Gudar e o Maestrazgo, no sur de Aragón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade