Publicador de contidos

Publicador de contidos

Transportes e a Generalitat pactan máis persoal e medios técnicos para mellorar a rede ferroviaria

Transportes e a Generalitat pactan máis persoal e medios técnicos para mellorar a rede ferroviaria

Este domingo houbo unha xuntanza urxente entre o Ministerio de Transportes e o Goberno catalán para mellorar as condicións do ferrocarril

A reunión produciuse a instancias da Generalitat tras unha semana negra no servizo ferroviario catalán

Evacuadas 400 persoas dun tren que cortou a liña do AVE Barcelona-Madrid

Tren de proximidades (Rodalies) na estación de Francia de Barcelona Tren de proximidades (Rodalies) na estación de Francia de Barcelona
G24.gal 09/03/2025 19:51

Foi una semana negra no servizo ferroviario catalán, coa evacuación de centos de pasaxeiros de dous trens, cortes na liña de alta velocidade, un accidente e atrasos reiterados.  Despois de todas estas incidencias, a Generalitat de Cataluña solicitou unha reunión co Goberno central para tentar mellorar as condicións deste transporte.

A xuntanza produciuse este domingo. Nela o Ministerio de Transportes e o goberno catalán pactaron dez medidas urxentes, entre elas un aumento de persoal e a creación dunha oficina técnica de seguimento das actuacións, para minimizar os efectos das incidencias que se rexistran na rede ferroviaria en Cataluña, afectada pola execución de importantes obras de infraestrutura en curso e por instalacións envellecidas.

Na reunión participaron, presencial ou de maneira telemática, o secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano, os presidentes de Renfe, Álvaro Fernández, e de Adif, Pedro Marco, e a conselleira de Territorio, Sílvia Paneque, acompañados doutros membros dos seus respectivos equipos.

Ao final da reunión, a conselleira Paneque informou de que os asistentes pactaron un decálogo de actuacións e cualificou o encontro de "proveitoso". "Acordamos medidas para evitar as últimas situacións, pero mantendo os investimentos que fan falta na infraestrutura en Cataluña".
 

Dez actuacións urxentes

Entre os acordos adoptados figura intensificar os traballos de inspección de infraestruturas que son competencia de Adif para garantir a prestación do servizo de rodalies (proximidades), así como reforzar os centros de información e xestión de Renfe e o persoal destinado á atención inmediata dos usuarios en caso de incidencia.

Nos casos en que as obras obrigasen a un corte do servizo de máis dunha semana, o acordo implica que non se renovará o tráfico con pasaxeiros sen ter un período de marcha branca (sen viaxeiros) dun ou dous días.

Tamén se acordou seguir traballando no marco do grupo de traballo de redacción do Plan de rodalies de Catalunya 2025-2030 para completar a definición de novos investimentos, e que se comunicarán á Generalitat as actuacións que impliquen afectacións aos usuarios cunha antelación de 6 meses para poder establecer as medidas de información aos usuarios.

Ambas as partes comprometéronse, ademais, a manter reunións semestrais coas plataformas de usuarios e de defensa do transporte con ferrocarril, á vez que Adif habilitará unha oficina técnica para a dirección e seguimento das obras en curso.

Este decálogo deberá estar implementado nas próximas semanas, segundo o Departamento do Territorio do Goberno catalán.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade