Cargando resultados...
Morre un traballador da lonxa da Coruña ao caer dende uns palés e golpear a cabeza
Caeu desde uns catro metros cando estaba subido a uns palés e golpeou a cabeza contra o chan

G24.gal
20/03/2025 14:41
Un operario da lonxa da Coruña que o pasado luns sufrira un accidente laboral morreu finalmente nas últimas horas á causa das feridas. Tiña 40 anos, era veciño de Betanzos e deixa un fillo pequeno.
Caeu desde uns catro metros cando estaba subido a uns palés e golpeou a cabeza contra o chan. Foi trasladado de inmediato ao CHUAC, pero ao cabo non puido recuperarse dos danos sufridos na caída.
A Autoridade Portuaria expresou o seu pesar e transmitiulles as súas condolencias aos familiares e compañeiros da vítima, que recibe sepultura este venres en Betanzos.