Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un traballador en Gondomar atrapado por unha máquina

Morre un traballador en Gondomar atrapado por unha máquina

O accidente laboral produciuse nunha empresa do sector forestal no lugar do Telleiro

G24.gal 31/01/2025 13:56 Última actualización 31/01/2025 14:49

Un operario de 42 anos faleceu este venres no lugar do Telleiro, en Gondomar, atrapado polos rolos dunha máquina mentres traballaba nunha empresa do sector forestal.

A alerta activouse pouco antes das 11 da mañá. No lugar do suceso o equipo médico certificou o falecemento e solicitou a intervención de equipos de rescate e salvamento para poder recuperar o corpo da vítima.

Segundo informa o 112 Galicia, mobilizáronse os Bombeiros do Porriño e membros do GES do Val Miñor, que nestes momentos aínda traballan no lugar, xa que o falecido continúa atrapado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade