As barreiras de protección resisten a enchente do Ebro en Aragón
As barreiras de protección resisten a enchente do Ebro en Aragón
Tamen se normaliza a situación noutros ríos do norte cheos tras o temporal
A punta da enchente do Ebro atravesou a provincia de Zaragoza asolagando campos e cortando camiños, pero sen causar incidencias en zonas urbanas. E iso que chegou a pasar por algunhas localidades con 2.000 metros cúbicos por segundo. En Pradilla o acadou os oito metros de altura.
Pero as barreiras de protección resistiron a riada. A vixilancia, á que sumaron 66 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias, continúa, pero os expertos cren que o peor xa pasou e falan dunha enchente ordinaria.
En Tudela, Navarra, xa están recuperando a normalidade despois de que a enchente do Ebro obrigara a cortar estradas e o río chegara a entrar na zona vella da cidade. Con todo, os veciños din que causou moitos máis problemas outros anos.
"En febreiro, co desxeo, adoita saír do leito, pero paréceme que este ano foi menos que noutras ocasións".
"Outras veces medrou moito máis, e acabo de vir da zona vella, e apenas está afectada".
O resto de ríos do norte de España cheos tras o último temporal van recuperando a normalidade. Iso permitiu que algúns encoros de Euskadi e Navarra puideran comezar a desencorar auga sen risco de provocar novos asolagamentos.