Publicador de contidos

Publicador de contidos

35 detidos por estafar mediante SMS clientes de bancos facéndolles crer que eran vítimas dunha fraude

35 detidos por estafar mediante SMS clientes de bancos facéndolles crer que eran vítimas dunha fraude

Os criminais lograrían estafar máis de 40 persoas por toda España causándolles un prexuízo económico de máis de 120.000 euros

Policía Nacional Policía Nacional
G24.gal 28/03/2025 12:07

A Policía Nacional detivo 35 persoas pertencentes a un grupo criminal asentado en Madrid e Cataluña que, a través de mensaxes de texto simuladas e chamadas telefónicas, lograría estafar a máis de 40 persoas facéndose pasar polo seu banco en liña e causando un prexuízo económico de máis de 120.000 euros.

Segundo informou este venres o corpo da policía nun comunicado, os clientes de entidades financeiras recibían mensaxes de texto informándolles de que foran vítimas dunha operación fraudulenta. Eses SMS simulados incluían unha ligazón á que debían acceder para bloquear esa suposta operación, pero en realidade redirixíaos a unha páxina web que suplantaba a súa banca en liña.

Como consecuencia, foron localizadas 43 vítimas destes feitos durante os primeiros meses de 2024, repartidas por todo o territorio nacional e ás que os criminais causaron un prexuízo económico de máis de 120.000 euros.

Na operación, desenvolta de maneira conxunta polas xefaturas policiais de Madrid, Cataluña e Xixón, foron detidas 35 persoas, entre as que se atopan os xefes da organización, aos que se lles imputan os delitos de pertencía a grupo criminal, delito continuado de estafa e branqueo de capitais. Tras os arrestos foron postos disposición xudicial.

Estafas mediante 'smishing' e 'vishing'

A investigación comezou a finais do 2023, tras recibir diferentes denuncias de persoas que aseguraban sufrir unha estafa a través da súa banca en liña mediante o mesmo procedemento. En primeiro lugar, as vítimas recibían nos seus teléfonos móbiles un SMS simulando procedente da súa entidade bancaria informándoos de que se identificou unha operación fraudulenta e para poder bloqueala debían acceder á ligazón adxunta á mensaxe.

Ao acceder á ligazón, esta redirixíaos a unha páxina web que imitaba a imaxe corporativa da entidade suplantada, onde se lles pedía que introducisen as súas credenciais de acceso á banca en liña (usuario e contrasinal). Deste xeito, enganados, ao pensar en todo momento que estaban a interactuar coa aplicación oficial do seu banco, achegaban as súas credenciais, coas que accedían aos seus correspondentes servizos de banca en liña.

Unha vez os ciberdelincuentes ordenaban os pagos mediante transferencias bancarias ou vía aplicación de pago inmediato, necesitaban que a vítima lles facilitase tamén os códigos de dobre verificación que os bancos enviaban vía SMS aos seus clientes. Por iso, aos poucos minutos de proporcionar as súas claves, recibían unha chamada telefónica de persoas que se identificaban como empregados da súa entidade bancaria.

Deste xeito lograban que as vítimas lles entregasen os códigos de dobre verificación, argumentando que eran necesarios para bloquear a suposta operación fraudulenta.

7.000 euros e varios artigos de luxo intervidos

Avanzada a investigación, logrouse a identificación dos tres principais responsables da organización, autores intelectuais e materiais das estafas. Por tales feitos, o pasado día 28 de xaneiro os axentes efectuaron tres entradas e rexistros nos que se interviñeron numerosos dispositivos electrónicos, roupa, artigos de luxo, 7.000 euros e un dispositivo lector/clonador de bandas magnéticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade