Publicador de contidos

Publicador de contidos

Martinho varre Galicia con ventos de ata 166 km/h, arranca tellados e deixa máis de 400 incidencias e 2 feridos

Martinho varre Galicia con ventos de ata 166 km/h, arranca tellados e deixa máis de 400 incidencias e 2 feridos

O vento arrancou parte do tellado dos institutos Rodeira e María Soliño de Cangas e do CPI o Cruce de Cerceda, onde máis de 1.600 estudantes quedaron sen clases por mor do temporal

Os fortes refachos, de ata 166 km/h, causaron estragos nas cubertas das casas consistoriais de Moaña e Pazos de Borbén e nunha escola infantil

O transporte marítimo entre Vigo e Cangas está interrompido por mor do temporal e tamén foi interrompida temporalmente a circulación de trens entre Ourense e Monforte 

A Xunta suspendeu as actividades no exterior dos centros educativos e a actividade federada en concellos das provincias de Pontevedra e A Coruña 

directo O vento arrincou parte da cuberta de dous institutos de Cangas; na imaxe, vense os desperfectos no IES María Soliño
G24.gal 20/03/2025 08:47 Última actualización 20/03/2025 12:33

Martinho azouta con forza este xoves en Galicia. Os ventos de furacán causaron máis de 400 incidencias por toda Galicia, sobre todo na provincia de Pontevedra, segundo o balance realizado polo 112 Galicia.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía aumentou de nivel amarelo a nivel laranxa o aviso inicial por vento en terra en boa parte da provincia da Coruña, con ventos que poden superar os 110 quilómetros por hora. O refacho máis forte localizouse na Veiga (Ourense) esta madrugada, tras acadar os 166 quilómetros por horaPor provincias, a que maior incidencias rexistra é a de Pontevedra, segundo o 112.

En Cangas, voou gran parte do tellado do Instituto Rodeira e do María Soliña, o que obrigou a suspender a 1.100 e 494 alumnos, respectivamentes.

As planchas metálicas do Ies Rodeira desprendéronse de madrugada e caeron na Avenida de Ourense e provocaron danos nos vehículos estacionados na zona, obrigando a cortar o tráfico na zona.

No Instituto María Soliño o vento desprendeu chapas do tellado tanto do centro educativo como do pavillón deportivo, o que ocasionou a suspensión da actividade lectiva.

Voa parte da cuberta da Casa Consistorial de Moaña e dunha escola infantil

Os fortes ventos están provocando importantes incidencias en Moaña. Esta madrugada, contra as dúas, a borrasca arrincou parte das placas metálicas do tellado da casa consistorial, da escola infantil do Con e dunha nave industrial.

Os operarios retiran parte da cuberta do tellado da Casa do Concello de Moaña, que caeu como consecuencia dos fortes ventos Os operarios retiran parte da cuberta do tellado da Casa do Concello de Moaña, que caeu como consecuencia dos fortes ventos

Segundo o alcalde en funcións, Daniel Costas, desde as cinco da madrugada efectivos dos bombeiros do Morrazo e Ribadumia traballan na retirada de cascallos.

Ademais, o Goberno local suspendeu as clases na escola infantil O Con, onde os fortes refachos de vento arrincaron parte da cuberta. A primeira hora da mañá o profesorado do centro deu aviso aos pais, como explicaba no Bos días Elisa, unha traballadora da escola.

Este xoves, trabállase tamén na retirada de obxectos na estrada que une Moaña con Domaio, que permanece cortada despois de que voase parte do tellado dunha nave industrial. O rexedor accidental confía en que o tráfico quede pronto restablecido.

En Pazos de Borbén os fortes refachos fixeron voar parte do tellado da Casa do Concello.

Imaxe da Casa Consistorial de Pazos de Borbén, onde o vento arrincou parte da cuberta do edificio Imaxe da Casa Consistorial de Pazos de Borbén, onde o vento arrincou parte da cuberta do edificio

Situación complicada tamén na provincia da Coruña onde Martinho azoutou con forza alí durante toda a mañá. A alerta laranxa mantén as frotas amarradas e afecta sobre todo ao sur da provincia e á Costa da Morte. Dende Camariñas a Fisterra ou nas Rías de Muros e Arousa. En Corcubión e Cee o vento arrincou parte do teito do Hospital Virxe da Xunqueira e derrubou moitísimas árbores. Andamios, estradas e xardíns convertéronse en lugares moi perigosos.

Moitísimo vento tamén nos concellos do interior e do sur máis próximos á costa como Vimianzo ou Buño. Pero Martinho deixouse sentir tamén con intensidade e con incidencias nas cidades da Coruña Ferrol e Santiago, onde os avións aterraban en Lavacolla con moita dificultade. En Cerceda caeu o tellado dun colexio e dunha vivenda e a piques estivo de causar unha traxedia.

Dous feridos leves por accidentes e 260 avisos por danos nas estradas e no mobiliario urbano 

Foi unha madrugada complicada para os servizos de emerxencia, con ata 260 incidencias rexistradas debido á caída de árbores, pólas, cables, postes, sinais de tráfico, mobiliario urbano e desprendemento de tellados, segundo o 112.

Ademais dos danos materiais, hai dúas persoas feridas leves en A Magdalena (Cangas do Morrazo) e en Tomiño, segundo concretou o subdelegado. Na Magdalena un persoa quedou ferida leve tras caer unha árbore sobre o seu vehículo. Efectivos do parque de bombeiros comarcal acudiron o seu rescate porque a condutora non podía saír do turismo polo seu propio pé. Con todo, non foi preciso utilizar o equipo de excarceración.

En Campo Lameiro (Pontevedra) un autocar de transporte escolar tivo que parar por mor dunha árbore que cortaba completamente a vía.  Ademáis, a Consellería de Educación confirmou a suspensión das clases no Centro Público Integrado CPI O Cruce de Cerceda por desprendementos de parte da cuberta.

Desde o 112 Galicia recomendan adoptar medidas de autoprotección tanto na condución como nos desprazamentos a pé debido aos desprendementos de obxectos e vexetación.

Na provincia de Ourense, as incidencias máis destacadas foron tamén as caídas de árbores, con refachos de vento que chegaron aos 166 quilómetros por hora na Veiga.

Interrompida a circulación de trens entre Ourense e Monforte pola caída dunha árbore 

A circulación ferroviaria entre Ourense e Monforte de Lemos foi xa restablecida logo de permanecer cortada este xoves debido á caída dunha árbore sobre a catenaria.

Segundo informou Adif, o servizo estivo interrompido entre Canaval e San Estevo de Sil. Así mesmo, a entidade asegurou que persoal da compañía traballa no punto para tratar de retirar a árbore o máis axiña posible.

Esta incidencia afectou a varios servizos, en concreto, ao rexional que fai a ruta Ponferrada-Ourense das 06.15 horas e o Media Distancia A Coruña-Ourense das 07.05 horas. Para ámbalas rutas habilitouse un servizo por estrada para os pasaxeiros. Do mesmo xeito, tamén se viu afectada a liña Vigo-Barcelona, realizando as paradas intermedias por outro itinerario.

Ademais, o temporal que deixou durante a madrugada e esta mañá en Galicia refachos de vento de até 166 quilómetros por hora, obriga a que os trens circulen con limitación de velocidade.

A Xunta suspendeu as actividades no exterior dos centros educativos e a actividade deportiva federada

A Comisión Escolar de Alertas decretou a suspensión de actividades no exterior dos centros educativos das zonas oeste e suroeste da provincia da Coruña en horario de mañá tras recibir notificación por parte da Axencia Estatal de Meteoroloxía da elevación do nivel de alerta ás 08:01 horas por forte vento.

As zonas afectadas comprenden os municipios de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo, Zas, Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois.

A Secretaría Xeral para ou Deporte comunicou a suspensión tamén da actividade deportiva federada.

 

A Xunta lembra a importancia de manter distancia da liña de costa, diques e paseos marítimos e de extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade