Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pelexa entre adolescentes con armas polo medio nos Mallos

Pelexa entre adolescentes con armas polo medio nos Mallos

Un grupo de mozos, que viñan picados do instituto, leáronse a golpes ás portas do centro de saúde

Un dos menores levaba un coitelo grande, duns 20 centímetros

G24.gal 19/03/2025 14:26

Mutismo total na policía e no centro por tratarse de menores. E silencio tamén entre a veciñanza. Uns porque non viron e outros porque non quixeron ver. 

"Polas seis e cuarto houbo un movemento de policía moi grande, tanto da Local coma da Nacional", sinala un veciño.

A pelexa empezou contra as seis da tarde, minutos despois de que remataran as clases no IES Urbano Lugrís. 

"Vin unha multitude de xente que corrían para este lado e había un grupo de mozos moi grande, que debían ser do instituto, e entre eles había tres ou catro que estaban pelexando", explica outro residente que viu a lea dende a ventá.

Leáronse a golpes xusto diante do centro de saúde, con xente entrando e saíndo e con outros paseando os cans polo parque, nunha zona residencial, normalmente tranquila. 
 

"Foi duro e foi forte porque durou varios minutos, pegados ás ventás do ambulatorio, coa xente expectante, pero, de súpeto, disolveuse", engade o mesmo home.

Segundo o ruxerruxe, foi a propia directora do instituto ao que pertencen algúns dos implicados quen se meteu no medio para frear a lea. Seica viñan picados do centro, onde algúNs alumnos confirman que escoitaron berros e insultos. 

Cando chegou a policía, segundo se comenta, a multitude esfumouse, pero polo menos un deles foi identificado e ao cachealo localizáronlle unha arma branca duns 20 centímetros. Non hai constancia de que chegara a usala ou se pensaba facelo, pero, afortunadamente, a pelexa quedou aí.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade