Publicador de contidos

Publicador de contidos

Limpar graffiti de edificios históricos ten un custo moi elevado e non sempre é posible

Limpar graffiti de edificios históricos ten un custo moi elevado e non sempre é posible

 Entre 15 e 30 euros custa limpar o metro cadrado de fachada, e en ocasións é moi complicado borralo de todo

G24.gal 19/03/2025 14:44

Eliminar un graffiti é un traballo arduo, que ten que facer unha empresa de limpezas especializada, e moi custoso. Ata 30 euros o metro cadrado de fachada e en ocasións é moi complicado borralo de todo. Por iso facer estes borranchos de pintura contra o patrimonio histórico precisa dun estudo de danos e dun proxecto de execución que aínda encarece moito máis a factura.

A casa reitoral de Xinzo de Limia apareceu despois do Entroido cunhas novas pintadas. Hoxe traballa para eliminalas unha empresa de limpezas especializada.

O primeiro é, segundo Iago Cerredelo, xerente de Iago limpezas, darlle o produto específico cunha brocha e logo borrar a pintura cunha hidrolimpiadora. "É do máis complicado que temos para limpar, depende da pintura, da porosidade da superficie e sobre todo do produto empregado.

Esta empresa foi tamén a encargada de limpar as pintadas da contorna da ponte Romana de Ourense, neste concello calculan que se van máis de 50.000 euros anuais en borrar só parte dos graffiti da cidade.

Todos os concellos galegos se ven afectados por estes actos vandálicos. No concello de Celanova, o alcalde, Antonio Puga, calcula que o custo é de entre 300 euros e 500 euros mínimo cada unha das pintadas.

Cando a pintada está nun monumento, como é o caso do mosteiro de Celanova, a factura ascende a milleiros de euros, o primeiro é encargar un estudo para analizar os danos, logo redactar un proxecto, supervisado por Patrimonio, solicitar permisos e adxudicar a obra de limpeza a unha empresa especializada. E, segundo a arquitecta da Deputación de Ourense, moitas veces hai que actuar sobre a fachada enteira.

E hai pinturas que durarán coma a feita hai case cen anos no mosteiro de San Rosendo por Celso Emilio Ferreiro e membros das Mocidades Galeguistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade