Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mercar nun monumento nacional: catro comercios están instalados nos locais da Catedral de Ourense

Mercar nun monumento nacional: catro comercios están instalados nos locais da Catedral de Ourense

Desde a orixe da catedral de Ourense no século XII os baixos están alugados a comerciantes, primeiro instalánronse os gremios de artesáns

Agora hai unha barbería, un salón de peiteado, unha tenda de lambetadas e recordos e unha tenda de produtos  de alimentación de Galicia

Unha tenda de produtos artesáns instalada nun dos baixos da catedral de Ourense.
G24.gal 18/03/2025 21:09 Última actualización 18/03/2025 21:39

Paseando pola coñecida rúa das tendas en Ourense están os baixos da catedral de San Martiño. Nun lugar privilexiado da cidade hai catro comercios alugados polo Cabido. O alugueiro destes locais ten tanta historia como a propio templo do século XII
 

"Desde o ano 1198 que se inaugurou a partir de aí, os gremios da cidade, os cesteiros, os ferreiros, os caldeireiros, todos os artesáns dos gremios que había, ocupaban eses espazos nos baixos da catedral", explica o deán da catedral , José Pérez Domínguez. 

Un dos locais é a tenda de produtos artersáns a onde Evelyn se trasladou hai pouco máis dun ano. Entre as súas vantaxes destaca a súa excelente localización.

"A xente está encantada e chámalle moito a atención o local, polos produtos e a situación, que ten o seu feitizo", afirma Evelyn Reinoso, a dona da tenda Daira. 

"Ter aquí é unha tenda é unha cousa marabillosa, para eles e para nós. Gústanos ter todo ocupado para que a xente vexa que a catedral é de todos e para todos", apunta Jesús Pérez, o deán do templo. 

O único requisito é que non se interveña nin no interior nin no exterior, xa que como a catedral son un monumento. E tampouco se vai permitir que un bar ou unha discoteca ocupen estes lugares sacros. "Non", di sorrindo o deán "a catedral é a catedral".

Pero si ten o seu aquel poder mercar produtos artesáns, lambetadas e recordos ou facer un peiteado ou arranxar a barba entre as pedras dun dos mellores templos románicos de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade