Publicador de contidos

Publicador de contidos

Regresan á Terra os astronautas despois de nove meses varados na Estación Espacial Internacional

Regresan á Terra os astronautas despois de nove meses varados na Estación Espacial Internacional

Teñen previsto amarar na costa de Florida contra as once da noite, hora galega

Chegaran na viaxe inaugural da Starliner de Boeing para estar unha semana pero a nave tivo que volver sen tripulantes por problemas técnicos 

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 18/03/2025 19:40 Última actualización 18/03/2025 22:12

Os dous astronautas estadounidenses varados desde hai máis de nove meses na Estación Espacial Internacional abandonaron o laboratorio orbital  segundo informou a NASA. Conseguiron desacoplarse con éxito da Estación e viaxan cara a Terra a bordo da nave espacial SpaceX Dragon. Está previsto que amaren no mar da Florida contra as once da noite, hora de Galicia.

Os astronautas estadounidenses Barry "Butch" Wilmore e Suni Williams chegaron á Estación Internacional Espacial o pasado 5 de xuño nunha viaxe inaugural da nave Starliner de Boeing que sufriu problemas de propulsión. Estes probemas técnicos obrigaron á NASA a manter, por precaución, á parella no laboratorio orbital e que a nave regresase en modo autónomo despois de desacoplarse do laboratorio orbital.

O plan inicial dos astronautas Wilmore e Williams de pasar entre unha semana e dez días na Estación Espacial prolongouse 285 días. A demora de nove meses foi unha pataca quente para os científicos e directivos da NASA, Boeing e SpaceX. Rexeitaron falar de que os astronautas estivesen "varados" e evitaron falar dunha misión de "rescate" de SpaceX. Tamén se negaron a responder a preguntas sobre as acusacións  do presidente dos Estados Unidos ao seu predecesor, Joe Biden, de abandonar á súa sorte a Williams e Wilmore.

A chegada, o pasado 15 de marzo, da misión Crew-10 de SpaceX que se axustou con éxito na Estación Espacial Internacional foi a fase final para que a substitución de Suni Williams e Butch Wilmore, fose posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade