Un incendio nun estaleiro de Moaña deixa dous traballadores feridos
Ardeu unha embarcación que estaban despezando
É o segundo incendio no mesmo lugar en só tres meses
A Garda Civil de Pontevedra investiga un incendio nun estaleiro no barrio de Meira, en Moaña.
Ardeu unha embarcación que estaba a ser despezada, é xa a segunda vez que se queima en tan só 3 meses.
Dous traballadores tiveron que ser atendidos por queimaduras leves.
O incendio orixinouse nun barco, o Vilachán, que están despezando no estaleiro A Xunqueira, na parroquia de Meira. Unha intervención complexa, de case catro horas, en que interviñeron os bombeiros, Protección Civil e a Polícia Local de Moaña.
O máis rechamante foi a intensa columna de fume que saía do barco e que se podía ver dende diferentes puntos do Morrazo.
Hai só 3 meses, en decembro, ardera o mesmo barco. Pero é que nestes estaleiros houbo xa polo menos 5 incendios nos últimos tempos. Un deles nunha planadora relacionada co narcotráfico.
No incendio houbo dous traballadores feridos leves por queimaduras.
A Garda Civil está a investigar o acontecido. Xa trasladou as dilixencias ao Xulgado de Garda de Cangas.