Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller no incendio dunha vivenda en Bilbao

Falece unha muller no incendio dunha vivenda en Bilbao

O lume orixinouse no primeiro andar dun edificio de madeira, que tivo que ser desaloxado

As lapas causaron feridas a nove persoas

G24.gal 17/03/2025 09:33

Unha muller faleceu no incendio desatado este luns nunha vivenda da rúa Labayru de Bilbao, no que outras nove persoas quedaron feridas.

O lume orixinouse sobre as 08:00 no primeiro piso dun edificio de madeira, que tivo que ser desaloxado, e as lapas causaron danos ao segundo piso.

Os dous habitantes do primeiro piso, un home e unha muller, quedaron feridos de gravidade. A muller, que sufriu unha parada cardiorrespiratoria, foi atendida no lugar, aínda que finalmente faleceu.

O home foi trasladado ao hospital de Basurto, mentres que outras oito persoas foron atendidas no lugar por inhalación de fume, segundo informaron fontes municipais.

O lume atópase xa controlado, aínda que os bombeiros seguen traballando no lugar e a Ertzaintza cortou o tráfico na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade