Cargando resultados...
Un camión do lixo ardeu esta noite na Coruña, na urbanización Breogán
Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais, pero o susto foi grande
G24.gal
14/03/2025 13:38
Un camión do lixo ardeu esta noite na Coruña, na urbanización Breogán. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais, pero o susto foi grande.
Un veciño da urbanización Breogán, da Coruña, onde ardeu un camión de lixo esta noite, contou o seguinte: "Escoitei unha explosión sobre as doce e media e logo outra explosión. Asomeime e estaban a policía e os bombeiros xa chegando e empezando a apagar o lume. Din que foi unha avaría, non o sei".
Outro veciño da zona onde tivo lugar o incendio dixo: "Eu, polas mañás, dou un paseíño, que me manda o médico, vin toda a escuma aí e dixen: que pasou aquí?, nevou ou que? Non me decatei".