Susto importante o que levaron nos Mallos por mor dun incendio nunha vivenda que quedou practicamente calcinada
Susto importante o que levaron nos Mallos por mor dun incendio nunha vivenda que quedou practicamente calcinada
Cando se orixinaron as lapas non había ninguén no interior do fogar
Non hai que lamentar danos persoais
"Escoitamos explosións e despois xa vimos as lapas que saían polo tellado". "O susto que levamos foi grande porque non sabiamos que pasaba", contan os veciños da rúa A Paz.
Minutos antes, contra as sete da tarde, comezaba un incendio no último andar dun inmoble da rúa A Paz. Daquela, no interior non había ninguén.
"Vive un matrimonio coa súa filla e baixaran dez minutos, cando volveron á casa xa se atoparon co lume".
O lume foi tan voraz que calcinou case por completo a vivenda.
"A vivenda quedou inservible, faremos algo para axudalos porque levan aquí 25 anos e é moi boa xente". "Afectou á cocina, ao baño, ao cuarto da nena e todos os cuartos que dan para a parte de atrás, queimáronse".
Polo que os inquilinos non puideron regresar ao seu fogar.
"Pasaron a noite no hostal. E a propietaria xa lle dixo que aí poden quedar unhas noites".
Esta mañá os prexudicados estaban á espera dos seguros para que lles puideran achegar unha solución.