Publicador de contidos

Publicador de contidos

As demandas de ruptura matrimonial aumentan un 3,3 % en Galicia

As demandas de ruptura matrimonial aumentan un 3,3 % en Galicia

O ano pasado presentáronse 5.269 solicitudes de nulidades, separacións e divorcios, segundo o CXPX

En 2024 contabilizáronse 195,2 rupturas por cada 100.000 habitantes, fronte ás 199 da media estatal

Arquivo / Jesús Hellín / Europa Press Arquivo / Jesús Hellín / Europa Press
G24.gal 17/03/2025 10:50

O número de demandas de ruptura matrimonial (nulidades, separacións e divorcios) presentadas en Galicia en 2024 foi de 5.269, un 3,3 % máis que as que se rexistraron en 2023, cando se chegou ás 5.103.

Por cada 100.000 habitantes, o número de solicitudes sitúase en 195,2 na comunidade autónoma galega, fronte ás 199 de media estatal.

Segundo os datos feitos públicos este luns pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, en Galicia aumentaron os divorcios consensuados un 2,1% (de 2.912 a 2.973) e os non consensuados un 4 % (de 2.068 a 2.151).

O ano pasado houbo 100 separacións consensuadas fronte ás 80 do ano anterior, mentres que as non consensuadas situáronse en 43, fronte ás 32 do 2022. Ademais, interpuxéronse dúas peticións de nulidade matrimonial.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos menores non matrimoniais, rexistráronse 1.336 demandas de modificación de medidas non consensuadas, fronte ás 1.302 de 2023, o cal supón un aumento do 2,6 %.

As consensuadas subiron un 10,7 %. Pasouse das 689 de 2023 ás 763 rexistradas o ano pasado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade