O CXPX estuda a reclamación do fiscal xeral pola filtración de datos da súa causa
Filtráronse nun informe sobre o tráfico de chamadas de García Ortiz remitido ao Tribunal Supremo pola UCO
![O fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz (Mateo Lanzuela/Europa Press)](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250203/garciaortiz.png)
O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) iniciou actuacións previas para estudar a reclamación do fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, pola filtración dun informe da Garda Civil con datos seus e doutros fiscais na causa na que se lle investiga por suposta revelación de segredos.
A UCO remitiu ao Tribunal Supremo un informe sobre o tráfico de chamadas do fiscal xeral entre o 8 e o 14 de marzo, no marco da investigación a García Ortiz pola presunta filtración de datos da causa polo suposto fraude fiscal contra Alberto González Amador, parella da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.
No devandito informe filtraronse datos persoais (números de teléfono, enderezos postais e DNI) do propio fiscal xeral e dun dos seus escoltas, ademais dos datos doutro fiscal, un avogado e un xornalista. Por este motivo o Ministerio de Interior reforzou a seguridade de Garcia Ortiz e este solicitou a intervención do Consello Xeral do Poder Xudicial.
A CXPX comunicou que levará a cabo as actuacións que resulten oportunas respecto aos escritos remitidos por Álvaro García Ortiz e pola fiscal de Sala coordinadora da Unidade de Dereitos Humanos e Memoria Democrática da Fiscalía Xeral do Estado, Dolores Delgado.