Cargando resultados...
Xantares, agasallos e experiencias, o máis habitual para celebrar o Día do Pai
Os negocios botan de menos que sexa festivo porque hai menos celebracións e, polo tanto, menos consumo
G24.gal
18/03/2025 21:15
Última actualización 18/03/2025 21:35
Algún que outro despistado atopamos na rúa ao cadrar o Día de San Xosé entre semana e día laborable. Pero tamén vimos moitos mercando un agasallo de última hora como os clásicos de roupa ou os libros.
Tampouco falla unha boa botella de viño ou algunha cesta de produtos delicatessen, perfectos para compartir.
Poucos quixeron revelarnos os agasallos para non fastidiar a sorpresa, pero si sabemos que haberá celebracións e xantares coa familia.
Os negocios botan de menos que sexa festivo, din que ao ser un día laborable, hai menos celebracións e menos consumo. Pero ao final o importante é... o cariño e a compañía.