Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ryanair quere retirar as tarxetas de embarque impresas

Ryanair quere retirar as tarxetas de embarque impresas

Ryanair pretende implantar neste 2025 só o uso de medios electrónicos para aforrar papel

Desmente que vaia penalizar os pasaxeiros que cheguen con atraso aos embarques
 

As tarxetas de embarque de papel teñen os días contados en Ryanair
G24.gal 18/03/2025 16:03 Última actualización 18/03/2025 17:47

Ryanair tivo que facer un desmentido despois de que se publicase en varios medios que ían penalizar os pasaxeiros que chegasen con atraso ao embarque.

"Clarisimamente ilegal se algunha aeroliña pretendese impor unha penalización por presentarse ao embarque o consumidor", apunta Enrique García, voceiro da OCU.

Segundo a aeroliña irlandesa houbo un malentendido cunha das súas políticas comerciais, a de cobrar 100 euros aos que perdan un avión e queiran recolocarse noutro. A medida que si vai aplicar este mesmo ano é a de prohibir o uso das tarxetas de embarque impresas, que se engloba, segundo din, dentro das súas políticas verdes.

"A min paréceme comodísimo, o checking no móbil".

 "Hai que avanzar tamén porque ao final estamos co papel, pero ben hai que dar opción tamén á xente maior que non está moi dixitalizada".

"Paréceme malísimo porque se perdo o teléfono ou non o podo usar... porque somos persoas maiores, necesitamos as cousas na man".

"Non hai que pensar só nos novos, hai que pensar nos vellos".

"Se se acaba a batería ou calquera cousa... non entendo por que o impiden, a verdade", comentan varios pasaxeiros.

Para a OCU esta medida de Ryanair é discriminatoria e, unha vez máis, abusiva.

"Isto discrimina claramente os consumidores que non teñen a capacitación dixital suficiente para manexar este tipo de aplicacións e que na práctica se lles impide voar con esta compañía", explica o voceiro da OCU. 

 "Están limitando moito o acceso ao transporte para todo o mundo", conclúe unha pasaxeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade