Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta actualiza a súa sede electrónica cun novo deseño que facilita as buscas desde o móbil

A Xunta actualiza a súa sede electrónica cun novo deseño que facilita as buscas desde o móbil

O buscador está sempre visible na parte superior da web e ofrece suxestións automáticas cunhas etiquetas máis claras

G24.gal 18/03/2025 15:51

A Xunta de Galicia renovou a súa sede electrónica para facela máis accesible.

A nova versión da 'sede.xunta.gal' introduce unha serie de melloras para simplificar o acceso aos trámites e facilitar a visualización desde calquera dispositivo móbil.

"O novo portal conta cun deseño máis simple para facilitar o acceso aos principais servizos da sede. Para facilitar as procuras, agora o buscador está sempre visible na parte superior da web e ofrece suxestións automáticas cunhas etiquetas máis claras, amplas e fáciles de ver", explicou a Xunta.

Ademais, reforzouse a personalización dos servizos coa creación do apartado 'Para ti', que permite o acceso á información de servizos dirixidos a colectivos específicos, como familias, mozas ou desempregados, entre outros.

"Esta nova versión da sede electrónica é un paso máis no proceso que está a abordar a Xunta para ofrecer servizos dixitais desde unha perspectiva multicanle, que alberga a sede, a aplicación XuntaEu e as oficinas de asistencia á cidadanía, facendo especial fincapé na personalización dos servizos e na simplificación do acceso aos trámites", engadiu o Executivo autonómico.

O redeseño do portal da sede electrónica é a primeira fase dun proceso que terá continuidade con outras iniciativas como a diferenciación do cartafol persoal e o cartafol profesional, que permitirá consultar de forma separada os trámites de carácter persoal dos realizados como profesional, entre outros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos