Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo reclama máis de 17.000 euros a Ryanair por eliminar frecuencias de voos sen comunicalo

Vigo reclama máis de 17.000 euros a Ryanair por eliminar frecuencias de voos sen comunicalo

En lugar de tres frecuencias semanais entre a cidade e Londres, como estaba obrigada por contrato, a aeroliña de baixo custo realizou só dúas e non llo comunicou ao Concello

Imaxe de arquivo/EP Imaxe de arquivo/EP
G24.gal 31/01/2025 13:57

O Concello de Vigo pecha unha reclamación de máis de 17.000 euros á aeroliña irlandesa Ryanair. Trátase dun expediente sancionador por eliminar frecuencias de voos entre a cidade e Londres. Tamén lle abriu un segundo ao considerar que a compañía incumpriu as accións de promocións pactadas.

O alcalde da cidade, Abel Caballero, indicou nun audio remitido aos medios de comunicación que entre xullo e setembro de 2024 Ryanair modificou unilateralmente a oferta de voos a Londres acordada con Vigo e eliminou un dos voos semanais.

Segundo Caballero, en lugar de tres frecuencias, como estaba obrigada por contrato, a aeroliña de baixo custo realizou só dúas e non llo comunicou ao Concello. Polo tanto, reclámanlle 17.414 euros a Ryanair e, ademais, ábrenlle outro expediente sancionador ao entender que tamén "incumpriu as accións de promoción acordadas e pactadas", afirma o alcalde vigués. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade