Cargando resultados...
Abandonan un coche en Guísamo e días despois aparece completamente estragado
Abandonan un coche en Guísamo e días despois aparece completamente estragado
A Garda Civil xa investiga os feitos
A veciñanza fala dun posible axuste de contas
G24.gal
31/01/2025 14:25
As ventás rotas, o teito solar rebentado, a carrocería aboiada e ata unha roda picada. Así está este coche que deixaron abandonado na urbanización dos Xirasois, en Guísamo. Polo que conta a veciñanza, o vehículo apareceu aquí, mal estacionado, hai xa unha semana.
"Eu o venres pasado vin dous mozos que levaban unha capucha nel e choume a atención, porque levaba unha roda picada. E despois apareceu na urbanziación".
O caso é que o vehículo en cuestión está a dar que falar nesta parroquia bergondesa.
"Supoñemos que é un axuste de contas".
A Garda Civil xa abriu unha investigación para tratar de esclarecer este estraño suceso.