Denuncian actos vandálicos contra o consulado de Venezuela en Vigo
Denuncian actos vandálicos contra o consulado de Venezuela en Vigo
Este luns as pintadas xa foran borradas da vidreira
A Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez reclama que se garanta a seguridade nos edificios consulares
A Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez asegura que apareceron pintadas na fachada das oficinas do Consulado de Venezuela en Vigo coa palabra "ditador" e ademais apuntan outros danos materiais no inmoble.
O colectivo acusa dos actos vandálicos o que eles consideran extrema dereita. Denuncian que ademais de aparecer nas últimas horas unha pintada coa palabra ditador, o consulado de Venezuela en Vigo sufriu outros danos. Sinalan que golpearon o vidro da sede consular e que tamén causaron estragos na fechadura da porta de entrada.
Os feitos coinciden no tempo co ataque cun cóctel molotov na sede consular de Venezuela en Lisboa.
Os ataques prodúcense despois de que Nicolás Maduro tomase posesión como presidente en medio das protestas e as acusacións de fraude xeradas despois das eleccións presidenciais do pasado 28 de xullo.
Este luns as pintadas xa foran borradas da vidreira. A Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez reclama que se garanta a seguridade nos edificios consulares.