Os mandos militares expresan publicamente a súa fidelidade a Maduro
Os mandos militares expresan publicamente a súa fidelidade a Maduro
Esta fin de semana comeza o terceiro mandato de Nicolás Maduro como presidente de Venezuela, máis cuestionado ca nunca pola oposición interna e por boa parte dos líderes mundiais, que esixen a demostración da súa vitoria electoral.
O líder opositor dixo que a investidura foi un golpe de Estado e cualificou a Maduro de ditador; acusacións que foron respondidas horas despois polo presidente venezolano.
Os militares son invocados polos dous bandos enfrontados en Venezuela
Coa dirixente opositora María Corina Machado de novo na clandestinidade, o candidato Edmundo González pediulle nas redes ós militares que desobedezan as ordes do chavismo. A petición foi contestada polos mandos das forzas armadas venezolanas, que rexeitaron as sancións internacionais.
Maduro dixo que estaba disposto a coller as armas para defender a paz e a patria
Apoiado na súa investidura, entre outros, polos dirixentes de Cuba e Nicaragua, Nicolás Maduro asegurou que está de acordo con eles en tomar as armas para defender a paz e a patria.