Publicador de contidos
Publicador de contidos

Maduro asegura estar preparado para "tomar as armas" se fose necesario

Maduro asegura estar preparado para "tomar as armas" se fose necesario

O líder chavista avisou que Venezuela se prepara, xunto a Cuba e Nicaragua, para defender "o dereito á paz"e "á soberanía"

Maduro coa súa dona en Caracas o pasado venres. REUTERS/Gaby Oraa
G24.gal 12/01/2025 08:18 Última actualización 12/01/2025 14:43

O líder chavista Nicolás Maduro, que xurou no Parlamento como presidente para o período 2025-2031, avisou este sábado que Venezuela se prepara, xunto a Cuba e Nicaragua, para "tomar as armas", de ser necesario, co fin de defender "o dereito á paz" e "á soberanía".

"Venezuela vaise preparando xunto con Cuba, xunto con Nicaragua, xunto cos nosos irmáns maiores do mundo, por se algún día temos que tomar as armas para defender o dereito á paz, o dereito á soberanía e os dereitos históricos da nosa patria", declarou Maduro na clausura do Festival Mundial Internacional Antifascista, convocado polo chavismo.

Así mesmo, chamou durante o encontro á conformación dunha "grande alianza mundial", como a que dixo se conformou hai 80 ano,s para avanzar na derrota do "fascismo".

Con todo, expuxo que, "de se dar o caso", deberían ter a capacidade de "enfrontalo coas armas na man" e "coa loita armada lexítima".

"Que ninguén se engane que ese escenario se puidese presentar outra vez. Oitenta anos despois, toco a campá da humanidade", sentenciou, en alusión á vitoria da extinta Unión Soviética sobre a Alemaña nazi na Segunda Guerra Mundial.

Nese sentido, advertiu "que ninguén se equivoque con Venezuela".

"Se é polas boas, polas boas avanzaremos. E se é polas malas, polas malas tamén o venceremos, para que respecten o noso pobo", agregou no evento, transmitido pola canle estatal VTV.

Maduro xurou este venres, ante a Asemblea Nacional (AN, Parlamento), como mandatario para un terceiro sexenio consecutivo no poder, malia as denuncias de fraude nos comicios do 28 de xullo por parte da oposición maioritaria.

O seu líder, Edmundo González Urrutia, acusou este sábado o líder chavista de consumar un "golpe de Estado" e reclamou o triunfo electoral.

No medio da condena de boa parte da comunidade internacional, que non recoñece o Goberno de Maduro, os exmandatarios colombianos Álvaro Uribe (2002-2010) e Iván Duque (2018-2022) expuxeron a posibilidade dunha intervención no país caribeño.

Como resposta, Maduro dixo que "ninguén quere a intervención militar" nin "máis sancións".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade