Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigadas oito persoas por vender xoguetes inseguros e pirotecnia na Coruña

Investigadas oito persoas por vender xoguetes inseguros e pirotecnia na Coruña

 Incautáronse na operación de 1.116 unidades de bonecos e xoguetes da marca Sonny Angel porque non correspondían cos produtos orixinais, 4.626 xoguetes inseguros e perigosos, 2.046 artigos pirotécnicos e unha pistola de cuarta categoría

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 19/03/2025 10:16

A Garda Civil da Coruña investiga oito persoas como supostas autoras dun delito contra a propiedade industrial ao venderen xoguetes inseguros e artigos de pirotecnia.

Segundo informou este mércores a Garda Civil, realizáronse diversas inspeccións en establecementos da Coruña e a súa área metropolitana dentro da operación Ludus V - Pokezone IV.

Nelas, procedeuse á incautación de 1.116 unidades de bonecos e xoguetes da marca Sonny Angel porque non correspondían cos produtos orixinais, 4.626 xoguetes inseguros e perigosos, 2.046 artigos pirotécnicos e unha pistola de cuarta categoría, accionada por aire ou outro gas comprimido non asimiladas a escopeta.

Confeccionáronse 14 actas-denuncia por supostas infraccións do Real Decreto sobre Medidas de Seguridade nos Xoguetes, 8 actas-denuncia por supostas infraccións á Lei de Represión do Contrabando por falta de xustificantes da lícita importación dos produtos e 4 actas-denuncia por supostas infraccións á Lei de Protección da Seguridade Cidadá.

Ademais, a Garda Civil tramitou unha acta-denuncia por suposta infracción á Lei de Protección Xeral das Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia e outras tres relacionadas coa Lei sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade