Dúas persoas feridas tras quedar sen freos un autobús na estación de Pontevedra
Un dos feridos foi atendido no lugar do accidente e xa lle deron a alta, o outro foi trasladado ao hospital
Un autobús que quedou sen freos chocou este sábado contra as oficinas da estación da rúa Ramón Otero Pedrayo, en Pontevedra.
Como consecuencia do impacto, dúas persoas resultaron feridas. Unha delas tivo que ser atendida no lugar dos feitos e xa recibiu a alta no punto, mentres que a outra persoa ferida tivo que ser evacuada para recibir asistencia médica.
Segundo indicou o 112 Galicia, recibiu o aviso ás 12:00 horas a través da chamada dun particular, que informaba da situación e solicitaba axuda. Desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, alertaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Pontevedra, a Policía Local e a Protección Civil.
