Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido por arma de fogo un veciño de Lugo no barrio Feijoo

Ferido por arma de fogo un veciño de Lugo no barrio Feijoo

As feridas de bala da vítima non revisten gravidade

O suceso produciuse contra as dez da noite

Imaxe do lugar do suceso na mañá deste sábado Imaxe do lugar do suceso na mañá deste sábado
G24.gal 22/03/2025 13:31

Un veciño de Lugo tivo que ser trasladado ao hospital na noite deste venres despois de quedar ferido por arma de fogo no barrio lucense de Feijoo.

Segundo detallaron fontes do 112 Galicia, os feitos ocorreron na rúa Río Avia e foi un particular quen alertou de que escoitara disparos e de que un veciño estaba ferido.

Ata o lugar dos feitos desprazouse unha ambulancia do 061, que trasladou o ferido ao hospital, e a Policía Nacional e a Local.

Segundo o primeiro exame médico, as feridas de bala da vítima non revisten gravidade e a vida da persoa non corre perigo.

De momento, non transcenderon os motivos do suceso, polo que non se descartan detencións nas próximas horas.

Este sábado, a zona mantense acordoada e unha patrulla da Policía vixía a rúa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade