Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gustavo Petro, primeiro presidente de esquerdas na historia de Colombia

Gustavo Petro, primeiro presidente de esquerdas na historia de Colombia

O dirixente e a vicepresidenta, Francia Márquez, abren unha nova era no país

A praza Bolívar vibrou coa toma de posesión de Gustavo Petro á que asistíu Felipe VI

Gustavo Petro coa banda como novo presidente de Colombia
G24.gal 07/08/2022 22:56 Última actualización 07/08/2022 23:28

O novo mandatario colombiano, Gustavo Petro, primeiro presidente de esquerdas en 200 anos de vida independente do país, marca desde hoxe a senda da nova esquerda latinoamericana.

O exguerrilleiro Petro asumiu o poder ante unha multitude congregada na praza Bolívar de Bogotá, nunha cerimonia cargada de símbolos. Recibiu a banda presidencial da senadora Maria José Pizarro, filla do líder do M-19 asasinado, Carlos Pizarro.

A súa primeira decisión como presidente foi que lle levasen a espada de Bolívar, que o seu predecesor no cargo, Iván Duque, negara previamente para a cerimonia. Despois prestou xuramento Francia Márquez como vicepresidenta.

"Prometo a Deus e prometo ao pobo cumprir a Constitución e as leis de Colombia", dixo Petro ao xuramentar ante o presidente do Congreso, Roy Barreras.

Tras a investidura, Barreras colocoulle na lapela unha pomba da paz, que simboliza unha das accións principais que tratará de levar a cabo durante o seu goberno, a de lograr a "paz total" en Colombia.

Milleiros de persoas ateigaron Bogotá nesta xornada á espera de que Petro culminase a chegada ao poder e máis de 100.000 persoas acudiron aos actos.

Petro asume este domingo o cargo como primeiro presidente de esquerdas de Colombia, nunha senda da que outros predecesores coas súas mesmas ideas foron expulsados, despois de sufriren persecucións, ameazas ou mesmo asasinatos.

O rei Filipe reuniuse antes da toma de posesión con Petro en Bogotá
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade