Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta a axitación política en Colombia tras as protestas deste xoves

Aumenta a axitación política en Colombia tras as protestas deste xoves

Manifestantes afíns ao Goberno bloquearon o acceso ao Palacio de Xustiza para protestar por que non se escollese o sucesor de Francisco Barbosa

O actual fiscal xeral foi acusado polo presidente Gustavo Petro de querer sacalo do poder

G24.gal 09/02/2024 09:24

Colombia viviu este xoves unha xornada de protestas diante da Corte Suprema de Xustiza. Lideradas pola Fedración Colombiana de Traballadores, os manifestantes afíns ao Goberno bloquearon o acceso ao Palacio de Xustiza en Bogotá en protesta porque a Corte Suprema non elixiu a nova fiscal xeral, que substituirá a Francisco Barbosa, quen termina o seu período e é acusado polo presidente Gustavo Petro de querer sacalo do poder.

Petro, que nos últimos días convocou mobilizacións en defensa do seu Goberno, acusou a Barbosa de promover unha "ruptura institucional" e un suposto "golpe de Estado", á vez que urxiu a Corte Suprema para que elixa o sucesor do fiscal, que acaba o seu período o vindeiro luns.

Os manifestantes bloquearon os accesos ao Palacio de Xustiza para impedir a saída dos maxistrados, que finalmente foron sacados do edificio horas despois pola Policía, cuxa intervención ordenou o propio presidente. 

O asedio foi condenado por líderes políticos e económicos, algúns dos cales pediron non esquecer a sanguenta toma, o 6 e 7 de novembro de 1985, do Palacio de Xustiza por guerrilleiros do M-19, en que militou Petro, que concluíu cunha violenta retoma do Exército, co resultado de 94 mortos, entre eles 11 maxistrados, decenas de feridos e 11 desaparecidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade