Publicador de contidos
Publicador de contidos

Colombia inicia unha nova era política co primeiro goberno de esquerdas da súa historia

Colombia inicia unha nova era política co primeiro goberno de esquerdas da súa historia

Gustavo Petro tomou posesión co compromiso de pacificar o país e cunha ambiciosa axenda de reformas económicas e fiscais

G24.gal 08/08/2022 19:30

Economista de profesión, activo ecoloxista e exguerrilleiro, Gustavo Petro xurou o cargo de presidente cunha ampla axenda de reformas e co compromiso de alcanzar a paz en Colombia.

Ao seu lado, Francia Márquez, unha muller de orixe afro, feminista comprometida e representante das comunidades negras, que tomou posesión como vicepresidenta.

Ambos liderarán o cambio dun país acosado historicamente polas desigualdades económicas e a violencia do narcotráfico, as prioridades sobre as que, aseguran, xirará o primeiro goberno de esquerdas de Colombia.

Á toma de posesión asistiron numerosos xefes de Estado e de Goberno, entre eles o Rei de España, que mantivo xa a primeira reunión oficial co novo presidente.

Non pasou desapercibido un xesto de Filipe VI, que foi o único que no se levantou ao paso da espada de Simón Bolívar, símbolo da independencia de Colombia, que o novo presidente mandou traer a propósito para a súa toma de posesión.

Foi a primeira orde que deu Gustavo Petro ao ser investido, e a primeira labazada ao seu antecesor, Iván Duque, que prohibira expresamente trasladar a espada para o acto de toma de posesión do novo goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade