Inaugurado o Salón do Automóbil de Vigo con importantes descontos e novidades
O plan director da automoción será aprobado definitivamente este luns no Consello da Xunta
Lorenzana anuncia axudas ao sector por valor de 234 millóns de euros
Inaugurouse este mércores o Trixésimo cuarto salón do automóbil de Vigo con cuarenta marcas de vehículos e importantes descontos para adquirilos. Entre as xoias un mercedes dn millón de euros, un prototipo único construído en Asturias, Ferraris, Teslas ou BMWS. Pero tamén coches máis asequibles como os FIAT ou un restiling do xa clásico R5.
A conselleira de emprego María Xesús Lorenzana aproveitou para avanzar o plan de automoción que a Xunta aprobará o vindeiro luns no consello cunha contía de 234 millóns de euros.
O salón continuará ata o vindeiro domingo. Moitos aproveitan eventos como este para renovar a frotas de empresa e os vehículos da casa.
Consello da Xunta
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou que o Consello de la Xunta do próximo luns aprobará de forma definitiva o plan director da automoción, con axudas de 234 millóns de euros dos cales 75 millóns son apoios directos de fondos propios do Executivo autonómico para todas as empresas que forman parte da cadea de valor deste sector.
Lembrou que o Executivo galego leva tempo demandando na Comisión Europea medidas de flexibilización como as que recolle o novo plan europeo da automoción aprobado a pasada semana, que a Xunta apoia pero debe implantarse de "forma áxil, que é o que necesita agora mesmo todo o sector".