Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zara estrea un sistema de pagamento sen pasar por caixa e sen alarmas físicas antirroubo

Zara estrea un sistema de pagamento sen pasar por caixa e sen alarmas físicas antirroubo

G24.gal 12/03/2025 16:13 Última actualización 12/03/2025 18:33

Trátase dun servizo piloto que de momento se puxo en marcha en catro tendas de Zara (na de Santiago de Compostela na Coruña, na de Gran Vía de Bilbao, na praza de España de Madrid e no paseo de Gracia de Barcelona) coa idea de que se vaia expandindo por toda a rede de establecementos da marca estrela de Inditex.

Para facer posible este sistema, desenvolveu un dispositivo capaz de identificar cada peza mediante tecnoloxía FRID (identificación por radiofrecuencia) e de desactivar as alarmas "brandas" ou invisibles que Zara xa instala en todas as súas pezas (que substitúen as tradicionais alarmas físicas antirroubo) xusto cando o cliente fai o pagamento.

"Isto permite que un cliente probe as pezas no probador e que leve postas as que desexa comprar sen ter que quitalas e pasar pola caixa", explicou unha das dependentas que desde este mércores ofrece este servizo na citada tenda da Coruña.

Segundo detallou Óscar García Maceiras, conselleiro delegado de Inditex, durante a conferencia de prensa na que presentou os resultados anuais do grupo, a nova tecnoloxía de alarmado invisible xa está operativa en Zara e estará dispoñible en Bershka e Pull&Bear este ano.

"Irase implementando progresivamente no resto de cadeas sendo a base para que sigamos afondando na dixitalización das nosas tendas e a súa total integración coas plataformas en liña nos vindeiros anos", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade