Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inditex actúa como plataforma para a internacionalización de empresas galegas

Inditex actúa como plataforma para a internacionalización de empresas galegas

A multinacional téxtil xera uns 78.000 empregos en Galicia entre directos e indirectos

G24.gal 12/03/2025 15:17 Última actualización 12/03/2025 19:32

"Inditex segue aquí onde naceu. Coa perspectiva do próximo, pero observando o mundo enteiro".

Son palabras da presidenta de Inditex,  Marta Ortega, que resumen o medio século dunha traxectoria empresarial en que Inditex foi levando da man pequenas industrias que hoxe son referentes do tecido económico galego.

 Julian Rodríguez. Analista económico."Son provedores que traballaban con Amancio Ortega nos seus inicios convértense nunha cadea de valor que sosteñen moitísimos empregos en Galicia", explica o analista económico, Julian Rodríguez. 

É o caso da empresa Ramón García, asentada en Ordes. Foi a primeira carpintería en traballar para as tendas de Zara. 

"Fixéronnos medrar coas súas esixencias. E tamén colaborar con moitas empresas da contorna",  di Óscar Moar,  xefe de produción.

Segundo os últimos datos, son arredor de 78.000 empregos os que suma Indiitex en Galicia entre directos e indirectos. 

Empresas como Ramón García que son referencia internacional no seu sector con sede en países coma México. 

"O importante é que os centros de decisión están aquí. Aínda que traballen como multinacionais en moitos países", asegura o analista económico, Julian Rodríguez. 

A pegada de Inditex sera 1 de cada 40 euros que se producen en Galicia. Unha garantía de futuro para empresas que orientan os seus servizos cara a clientes internacionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade