Publicador de contidos

Publicador de contidos

O recinto feiral de Vigo acolle o XIV Salón do Vehículo Clásico e de Época

O recinto feiral de Vigo acolle o XIV Salón do Vehículo Clásico e de Época

Os organizadores agardan sumar entre 16.000 e 18.000 visitas

G24.gal 16/02/2025 14:39 Última actualización 16/02/2025 15:05

Retro Galicia, unha cita para os amantes do vehículo clásico e de época, volveu esta fin de semana ao recinto feiral de Vigo. 

"Xa levamos catorce edicións e xa é unha feira consolidada. Todos os afeccionados están esperando por ela dun ano para o outro e teñen a data marcada nas súas axendas", afirma Xosé Enrique Elvira, director xeral de Eventos Motor, a empresa organizadora da mostra.

Ademais de exposicións de coches e de motos clásicas, o encontro reserva unha zona de compra-venda entre particulares e un aparcadoiro para que os que atesouran algún destes históricos do motor poidan presumir del e compartir con outros afeccionados os segredos da súa restauración e mantemento. 

"En Galicia temos moita afección e hai que mantela. Algúns destes modelos forman parte da esencia do que eran as familias e do que era o esforzo", opina un visitante.

Os organizadores esperan sumar ao peche da mostra entre 16.000 e 18.000 visitas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade