Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Consulado de Colombia instala unha oficina móbil en Vigo para atender os seus cidadáns

O Consulado de Colombia instala unha oficina móbil en Vigo para atender os seus cidadáns

Aseguran que as citas previas que se ofreceron por Internet cando se anunciou a data en que estarían na cidade se esgotaron moi rápido

Moitos quedaron sen garantir esa atención e por iso fan cola para intentar realizar algunha das xestións que só poden facer de xeito oficial nun consulado

G24.gal 20/02/2025 11:01

O consulado de Colombia trasladou unha oficina móbil a Vigo para atender os seus cidadáns, pero semella que as citas que ofreceron non son suficientes, centos de usuarios fan colas para seren atendidos. Esa oficina móbil colocouse no barrio de Teis, nas instalacións do centro cívico, e ata alí acoden cidadáns colombianos para seren atendidos.

Aseguran que as citas previas que se ofreceron por Internet cando se anunciou a data en que estarían na cidade se esgotaron moi rápido. Moitos quedaron sen garantir esa atención e por iso fan cola para intentar realizar algunha das xestións que só poden facer de xeito oficial nun consulado. Trámites como renovacións das súas células de identidade ou poderes para a súa familia en Colombia. Insisten na necesidade de ter unha oficina permanente na cidade como hai noutros lugares como Bilbao ou Sevilla, para evitar ter que ir ata Madrid cando precisan atención consular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade