Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha ovella inmobilizada pasa abandonada nun monte de Forcarei máis dunha semana

Unha ovella inmobilizada pasa abandonada nun monte de Forcarei máis dunha semana

A demanda de auxilio para o animal abandonado efectuárona dúas persoas que se encargaron de levarlle auga e alimento ante a inacción institucional para auxiliala 

 

Imaxe da ovella tirada nun camiño da parroquia de Meavía, en Forcarei, este mércores, máis dunha semana despois de denunciado o abandono do animal
G24.gal 05/03/2025 14:10

Diego volvía esta mañá onda a ovella coa que se encontrou a finais de febreiro cando paseaba o can por este camiño no monte da parroquia de Meavía, en Forcarei. El mais outra veciña da Estrada están a traerlle auga e comida. Fixérono acotío e sobre todo, en vista de que non obtiñan resultados, coas súas chamadas de auxilio ás institucións.

"Está claro que alguén a trouxo aquí para desfacerse dela coa pretensión de que fora a propia natureza quen a eliminara. Non temos ningunha proba. Pero esta pobriña aquí non chegou soa", afirma Diego e engade que "vai para unha semana e media. O primeiro día estaba nun estado lamentable. Foi mellorando un pouco, porque se foi alimentando máis, trouxémoslle auga e foise hidratando. Pero hoxe a sensación que me da é que non ten melloría. Probablemente teña algunha enfermidade, non o sei, pero hoxe véxoa un pouco máis baixiña".

A ovella ten moi pouca mobilidade e está de xeonllos coa patas dianteiras. Tras comprobar que non ten crotal, o pasado 27 os efectivos do Seprona, segundo fontes da Garda Civil, indicaron que era o Concello quen tiña que facerse cargo do animal. Mentres tanto, a ovella levou sufrindo tirada no camiño máis dunha semana.

"Unha falta de humanidade no sentido de que nos está a faltar ese punto de mirar polos animais, simplemente botar unha man, vir aquí e levala, que nos apoie o Concello, a protectora e institucións que poidan facelo. Estamos a sentirnos en solitario".
Ese mércores volvían ao lugar efectivos da Garda Civil, onde pediron a acción do Goberno municipal de Forcarei para  afrontar este caso de abandono animal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade