Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vínculo entre o can e o seu adestrador, o fundamento do "agility"

O vínculo entre o can e o seu adestrador, o fundamento do "agility"

O campión do mundo, Adrián Bajo, impartiu un curso para vinte persoas en Silleda

Tres deportistas galegos competiron no último campionato do mundo de agility

G24.gal 09/03/2025 14:41

Esta fin de semana o campión do mundo de agility, o madrileño Adrián Bajo, impartiu un seminario sobre este deporte no recinto feiral da Semana Verde de Silleda. Vinte participantes, afeccionados e profesionais, aprenderon a reforzar os seus vínculos cos cans e a técnica da competición.

Unha formación constante, dedicación e reforzo do vínculo dos deportistas cos seus cans. Son os requisitos fundamentais que coñecen todos os afeccionados ao agility e que algúns puideron practicar estes días. 

"A xente ao mellor mira unhas tomas de 'agility' e pensa que só é iso. Cando ti te namoras do deporte é porque antes o fixeches co teu can. Creas un vínculo, obrígate a saír da casa, pasear, viaxar con el a facer terapias con el", asegura Alejandro Sequeiros da asociación Euskogal.

"Ao final, o máis complicado é que a xente chegue a atopar o punto de entenderse á perfección co seu can. E que o can entenda o que queremos del. En canto aos obstáculos, con tempo, non son demasiado complicados", explica Adrián Bajo, instrutor desta formación e campión do mundo nesta disciplina

Este ano no campionato do mundo competiron tres deportistas galegos. Insisten en que cada vez hai máis nivel e máis xente que se achega ao mundo do agility, aínda que non busque ir máis aló da afección e de poder facer unha actividade diferente co seu can.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade