Publicador de contidos

Publicador de contidos

Salvamento Marítimo auxilia os tripulantes dun catamarán que sufriu unha vía de auga en Burela

Salvamento Marítimo auxilia os tripulantes dun catamarán que sufriu unha vía de auga en Burela

Os tripulantes da embarcación non sufriron feridas

Imaxe de arquivo dunha embarcación de Salvamento Marítimo Imaxe de arquivo dunha embarcación de Salvamento Marítimo
G24.gal 15/02/2025 09:43

Efectivos de Salvamento Marítimo tiveron que intervir a pasada madrugada ante a emerxencia que sufriu unha embarcación deportiva. Preto das dúas da madrugada acudiron en auxilio dos tripulantes dun catamarán que presentaba unha vía de auga. Segundo informa a Garda Civil finalmente so tiveron que acompañalos mentres dirixían o catamarán cara o porto de Burela. As dúas persoas que ían a bordo resultaron ilesas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade