A estrea das Pantallas no Corredoiro en Xinzo: saen por primeira vez e enchen de maxia a vila
Unha morea de Pantallas xúntase na Praza Maior para correr o Entroido e a xente goza cos seus chimpos, bailes e o sons das súas vexigas e campaíñas
O de Xinzo é, por agora, o único de Galicia declarado Festa de Interese Turístico Internacional. Xunto co de Verín e o de Laza é o terceiro vórtice do triángulo máxico ourensán
Domingo Corredoiro. E en Xinzo de Limia é unha das xornadas máis especiais porque levan un ano agardando para ver de novo polas rúas as Pantallas. É a estrea da súa máscara, personaxe principal dun Entroido que combina a tradición e a modernidade, o único en Galicia declarado Festa de Interese Turístico Internacional.
Había moitas ganas e moito ambiente xa desde pola máña. Alí xa van polo terceiro domingo do seu ciclo festivo, o más longo da Península. Despois do Fareleiro e o Oleiro... O Corredoiro, é un momento dos máis emocionantes para a xente da Limia.
É o son das Pantallas de Xinzo de Limia. Convocadas polo Concello chegan xuntas correndo, e axitando as súa vexigas van entrando á Praza Maior da Vila puntuais coa tradición.
"Moita emoción porque é o primeiro día e levabamos todo o ano agardando por hoxe. Desenado correr toda a mañá e desfrutar, que para iso é o Entroido", di unha Pantalla recén chegada á Praza Maior da vila.
"Dos días máis bonitos, o primeiro día que saen as Pantallas", afirma un veciño.
No Domingo Corredoiro as Pantallas son as raíñas do seu Entroido, en grupos, como adoitan facer, ensinan o seu particular baile.
Unha tradición que vai pasando de xeración en xeración e por iso aquí sempre nos din que o Entroido é un sentimento que maman desde ben pequeniños.
"Desde que somos pequenos empezamos a saír, e logo despois cando temos fillos, imóllo trasmitindo e segue así a tradición", explica un mozo que leva con el as súas dúas fillas vestidas de Pantalla.
"Eu empecei de pequeniña e as miñas irmáns, o meu pari era Pantalla, os meus tíos eran Pantallas e fóronnolo metendo, inculcando. Cada vez hai máis nenos e nenas e iso é un bo sinal porque sabemos que isto non se vai perder", conta Leticia, que leva toda a súa vida vestindo o traxe do Entroido limiao".
"Sempre o vía pola tele e velo aqui.. A min encántame isto", di unha moza que por primeira vez participaba no Corredoiro convidada por unha amiga de Xinzo
E o día segue con moita troula, e retranca porque agora si que xa non queda nada para os días grandes do Entroido.