Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Entroido máis tradicional de Galicia colle ritmo esta fin de semana

O Entroido máis tradicional de Galicia colle ritmo esta fin de semana

Domingo Corredoiro en Ourense coas pantallas e os cigarróns na rúa

Tamén sairán os xenerais do Ulla e as Madamas e Galáns en Cobres

G24.gal 21/02/2025 20:01 Última actualización 21/02/2025 21:18

Con choiva ou sen ela o Entroido colle ritmo.  En Xinzo dura un mes, pero este domingo será o primeiro en que saian as pantallas. Despois dun sábado de troula, o Corredoiro comezará a mediodía e estenderase durante toda a xornada.

Verín é o outro lugar indispensable onde pasar o domingo Corredoiro. Comezará coa tradicional concentracion popular dos cigarróns que despois irán saúdar os que saen da misa.

Tamén hai entroido esta fin de semana en Maceda. O fiadeiro de Carguizoi onde poderemos ver os felos será o sábado pola tarde.

O mesmo día en Bande e Muiños, os troiteiros e maís os cabreiros farán un percorrido conxunto. Andarán polas aldeas desde ben cedo.

E os folións escoitaránse por toda a montaña ourensá durante a fin de semana, desde Trives a Viana pasando por Manzaneda.

A provincia de Ourense xa é unha festa, pero tamén collen ritmo outros entroidos. Os xenerais do Ulla andarán por Silleda, Santiago, Teo e Vedra. E nunhas hora bota a andar o ancestral entroido de Cobres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade