Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cigarróns xa corren o Entroido de Verín

Os cigarróns xa corren o Entroido de Verín

Unha multitude de visitantes asistiron ao Domingo Corredoiro entre máscaras, látegos e moito ruído de chocas

 

 

G24.gal 23/02/2025 15:08

Domingo corredoiro hoxe en Verín, unha das referencias principais do triángulo máxico do Entroido en Galicia, xunto con Xinzo de Limia e Laza, e estrea, despois de todo un ano esperando, do seu personaxe máxico: o cigarrón.

"Con gañas xa de saír e tomando un pouco de contacto os primeiros días", relataba unha das participantes da festa vestida co traxe tradicional de cigarrón.

Numerosos visitantes contemplaron e tamén participaban esta maña de domingo no desfile dos cigarróns, nunha festa declarada xa de interese turístico nacional. Ataviados de máscara, traxe tradicional, látego e chocas, os cigarróns tentan impor con desigual fortuna a súa lei nas rúas verinenses.

"Aos cigarróns hai que respetalos e deixarlles espazo para que anden" e ademais "tampouco se lles pode tocar cando levan o traxe posto", apuntan algunhas das participantes.

Quedan varios días de festa, co xoves de comadres e os días grandes do Entroido. Despois chegará dona Coresma, e penitencias varias, pero ata entón a esmorga e o xeito dos cigarróns serán lei por uns días.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade